O pasado mércores 19 de Xullo estivemos na estrea na Facultade de Medicina da USC (Santiago de Compostela) polo documental “O templo de Galeno: Historia dun símbolo”, fruto dunha coproducción entre Lua Ideas e Edicións Bolanda.
Esta obra audiovisual narra a historia do emblemático edificio santiagués da rúa San Francisco inaugurado no ano 1928, a antiga Facultade de Medicina, co galo do próximo traslado “en catro ou cinco anos” (segundo o decano) á zona da Choupana, onde tamén se ubica o actual Hospital Clínico Universitario ou CHUS.
Ademáis das múltiples anécdotas que sempre proporciona unha producción, puidemos coñecer de primeira man as diferentes reviravoltas i escondites agochados que nos esperaban neste edificio como os especímenes conservados nos Laboratorios de Anatomía ou a firma de Castelao, entre outros. Por outra banda, esta historia polifacética (conta con ao menos catorce testemuñas entre as que se atopan numerosos catedráticos de diversas áreas), xustifica o éxito e prestixio actuais da titulación de Medicina: desde a célebre “Fonte Limpia” de gran renome en toda Galicia ata converterse no grao universitario referente en Galicia e, con algunha outra excepción, dun dos máis importantes do mundo.
Para todos aqueles que desexen adentrarse nesta parte menos coñecida do noso pasado e para aqueles outros que lles interese a historia da propia cidade compostelá, vos invitamos a gozalo próximamente na TVG.
Deixámosvos cun primeiro bocado:
Share your thoughts