Os Bolechas
SERIE INFANTIL TV
EMISIÓN: TVG / Axencia: Bolanda Ediciones/ Productora: LUA IDEAS /
Dirección de Produción: Isabel García
Director: Carlos Quirós
Ax. Dirección: Cristina Esteiro
DOP: JD Gamallo
Dirección de arte: Isabel García/Ángela Otero
Op. Cámara: JD Gamallo/Iago Barrado/Daniel Suárez
Edición/Postprodución: Carlos Quirós/JD Gamallo/Daniel Suárez
Guión: Pepe Carreiro
Sonido/BSO: Gabriel Prada
Música orixinal: Manuel Rivero
Alquiler de equipos: FILAMENTO / TESEC
Impresión decorados: CorDixital
Os Bolechas son, desde hai case 14 anos, a revelación editorial en Galicia e son, á súa vez, os protagonistas da máis importante e afamada serie da nosa literatura infantil. Con máis de 400 títulos publicados e preto de 1.500.000 exemplares distribuídos, causan furor e contan cunha verdadeira lexión de seguidores entre os máis pequenos, o que os converteu nun auténtico fenómeno cultural galego.
O seu éxito, en palabras do seu creador, Pepe Carreiro, débese a que os seus protagonistas, seis irmáns (Carlos, as xemelgas Loli e Pili, Braulio, Sonia e o pequeno Tatá) xunto co seu incondicional can, Chispa, viven aventuras nas situacións e realidades cotiás dos nenos: a escola, a casa, o parque, o autobús, a praia… Esta proximidade, a súa linguaxe, a súa forma de expresarse, é o que fai que os nenos se sintan cómplices e co-protagonistas das súas aventuras.
Pero ademais, Os Bolechas son cultura raíz e contribúen á divulgación e á formación, mediante o pracer e o divertimento dos escolares de educación infantil e de primaria de Galicia.
Unha singularidade e un trazo diferencial dos Bolechas é que é unha serie creada e desenvolvida en Galicia e que, ademais, utiliza o galego na súa versión orixinal polo que xoga un importante papel na promoción e difusión do idioma, ata o punto de que moitos nenos e nenas teñen na casa –e sobre todo no colexio– o seu primeiro e máis intenso contacto co galego a través das súas aventuras, todas elas cun destacado contido didáctico e pedagóxico.