O desenvolvemento do home depende fundamentalmente da invención. É o produto máis importante do seu cerebro creativo. O seu obxectivo final é o dominio completo da mente sobre o mundo material e o aproveitamento das forzas da natureza a favor das necesidades humanas.
(Nikola Tesla)
Hai inventores que marcaron un antes e un. En Galicia atopamos a Alexandre de Fisterra, inventor do futbolín. A historia narra que estaba Alexadre Campos sen poder xogar ao fútbol debido as súas feridas de guerra cando imaxinou este peculiar deporte portátil inspirándose no tenis de mesa. Naquel intre non podía esperar que se convertiría co paso do tempo no invento máis mediático da nosa terra. Mesmo Os Diplomáticos de Monte Alto compuxeron unha canción no ano 1995 rememorando dita fazaña.
Durante o pasado ano, os galegos rexistraron máis de 200 patentes, cifra que non deixa de aumentar ano tras ano. E aínda que non todos tiveron a repercusión de Alexandre son moitos os que soñan espertos coas súas propias invencións.
Feito con cabeza é o nome deste proxecto que estivemos preparando durante ó longo do ano e que será emitido proximamente na TVG. Trátase dunha serie de programas nos que falaremos de grandes e pequenos inventores, dos seus inventos e do poder da imaxinación de centos de galegos e galegas.
Cun formato actual, lúdico e cultural, o noso equipo recorrerá Galicia enteira, de Norte ó Sur, poñendo en valor o talento das mentes creativas. Amosaremos tanto a tecnoloxía de empresas punteiras en innovación da nosa comunidade coma os inventos cotiáns desenrolados por inventores anónimos. Feito con cabeza combina as dúas galicias, a rural e a urbanita, ofrecendo un espectáculo único, tan entretido coma comprometido coa innovación e tecnoloxía. Non vos perdades esta grande festa da invención!